Vitrasa pon en marcha un servizo de lanzadeira para o concerto de Amaral en Samil

Por mor das medidas de restrición de aforos, os billetes deberán adquirirse con antelación na plataforma de venta online Woutick!

O grupo Amaral actuarán en Samil o próximo sábado 25 de setembro

Vitrasa pon a disposición dos usuarios un servizo especial de lanzadeira con venta anticipada de billete con motivo do concerto do grupo Amaral, que actuarán en Samil o vindeiro sábado 25 de setembro.

Por mor das restricións de aforos decretadas pola Xunta de Galicia no transporte urbano (100% de prazas sentadas e 1 de cada 3 prazas de pé) o acceso á lanzadeira só se poderá realizar a través da adquisición anticipada de billete na aplicación de venta online Woutick!. O prezo do billete será o correspondente á tarifa habitual de transporte público. Aqueles usuarios que dispoñan de tarxeta PassVigo poderán introducir o seu número de tarxeta para beneficiarse da tarifa bonificada no momento da compra.

A lanzadeira estará dispoñible á finalización do concerto e dará servizo as seguintes rúas: Avda. Europa – Avda. Castelao – Plaza de América – Camelias – Venezuela – Urzáiz – Colón – García Barbón – Sanjurjo Badía – Buenos Aires – Travesía de Vigo – Pizarro – Plaza de España – Gran Vía – Plaza América. Para acceder á lanzadeira, será imprescindible contar con billete anticipado impreso ou no teléfono móbil. Vitrasa recorda ós usuarios que para acudir ó inicio do concerto, dispoñen da red habitual de transporte público.

Recomendacións ós usuarios

Vitrasa lembra aos usuarios e usuarias que é obrigatorio o uso de máscara no interior dos vehículos. Outras das recomendacións é evitar as conversas durante a viaxe (incluso por teléfono móbil) e acceder de forma ordenada ao bus. Ademais, non está permitido comer nin beber nos autobuses.