Desde a empresa lamentan que esta mañá produciuse un novo ataque vandálico a un autobús de Vitrasa, no marco da folga indefinida convocada polo Comité de Empresa.
Os feitos tiveron lugar esta mesma mañá, cando un autobús que se estaba a incorporar a liña C3 foi atacado na Avenida de Redondela. As 6:00 horas aproximadamente, dous encapuchados pararon o autobús nun paso de cebra e realizaron diferentes pintadas no exterior do vehículo, ademais de romper o limpaparabrisas. Estes feitos deixaron totalmente inmobilizado o bus, que non puido continuar co servizo. Nese momento, non se atopaban viaxeiros a bordo.
Vitrasa recorda que con este, xa suman 13 actos violentos en autobuses urbanos, aos que hai que engadir a colocación de cravos camuflados en paradas, rotura dun WC destinado ao persoal de condución en ruta e graves intimidacións a unha condutora que realizaba o servizo. Ante estas accións de alta gravidade, Vitrasa interpuxo as correspondentes denuncias por supoñer feitos constitutivos de delito. Ademáis recordan que «o persoal de condución de Vitrasa conta coas mellores condicións salariais e laborais de cantos convenios de empresas de transporte de viaxeiros hai en Galicia».

