Desde a compañía se destaca que «afortunadamente non houbo feridos», se ben «estes golpes puxeron en grave perigo ao persoal de condución que nese momento realizaba o servizo»
Vitrasa denuncio na tarde onte tres novos actos vandálicos con pedras a autobuses urbanos:
O primeiro tivo lugar ás 6.28 horas, cando un vehículo que realizaba a liña 15B foi brutalmente atacado na zona de Xestoso, quedando inservible a porta traseira.
O segundo autobús, que realizaba o servizo na liña 14, recibiu varios impactos en diferentes lunas as 6:45 da mañá, en Chans.
En ámbolos dous casos, ían viaxeiros a bordo que presenciaron o ocorrido.
O terceiro autobús foi brutalmente atacado con pedras na zona de Camposancos, a escasos metros das instalacións de Vitrasa. Os feitos tiveron lugar as 8.04 da mañá, cando o bus se estaba a incorporar a liña U2, que da servizo a Universidade.
Desde a compañía se destaca que «afortunadamente non houbo feridos», se ben «estes golpes puxeron en grave perigo ao persoal de condución que nese momento realizaba o servizo».
Con estes son xa 11 ataques vandálicos producidos no marco da folga que está vivir a concesionaria do transporte urbano vigués. Un conflito sobre o que Vitrasa subliña que se está vivir «unha violencia desmesurada e que non ten ningún tipo de xustificación». «A empresa advirte da gravidade destes ataques e demanda que cesen antes de ter que lamentar danos persoais» , apunta nun comunicado.

