Vitrasa denuncia dous novos ataques violentos a autobuses acontecidos esta mañá a primeira hora. Ao redor das 5:40h o autobús que facía o servizo da liña 7 ao seu paso pola estrada da Garrida, cando estaba xa en ruta, recibiu un impacto cunha pedra na fiestra dianteira á altura do condutor. Afortunadamente, a pedra non traspasou a fiestra e o condutor non sufriu danos.
Máis tarde, ás 6:45h o autobús que cubría a liña C3 cando se dispoñía a arrincar a marcha dende a parada situada á altura da Igrexa de Bouzas, o condutor, ao rematar o seu descanso, detectou que unha das rodas fora pinchada impedindo renovar o servizo.
Por sorte, durante os incidentes ambos autobuses aínda non portaban viaxeiros e non houbo que lamentar máis que danos materiais.
Con este ataque xa son 11 os autobuses que sufriron impactos de obxectos de diferente índole provocando a rotura de fiestras dianteiras e laterais e seis picadas de rodas nos últimos dous meses.
Vitrasa denuncia este tipo de actos vandálicos que atentan contra a seguridade viaria e poñen en perigo aos usuarios e usuarias do transporte público de Vigo así como ao persoal de condución.