Os feitos producíronse á primeira hora da mañá nun autobús que se estaba incorporando para comezar o servizo da liña 6 ao redor das 5:39 horas e que, ao paso pola estrada Clara Campoamor, recibiu o impacto dunha pedra provocando a rotura dunha das lunas próximas ao condutor.
Así mesmo, ás 6:53 horas outro autobús, que xa se encontraba realizando a ruta da liña 17 e que afortunadamente neses momentos non levaba viaxeiros a bordo, recibiu outro impacto contra unha das lunas do vehículo ao seu paso polo Freixo.
Por sorte, non houbo feridos e o persoal que facía o servizo en estes buses non sufriron ningún dano. Dende Vitrasa insisten en que este tipo de ataques «poñen en risco non só a seguridade dos viaxeiros, tamén as dos propios compañeiros e compañeiras que realizan o servizo».
Vitrasa denuncia este tipo de actos vandálicos que «non fan máis que elevar a tensión da situación a un día de iniciar a folga de 24 horas convocada durante 3 días seguidos e a escasas horas de manter unha reunión entre a empresa e o Comité de Empresa».
A empresa quere incidir na «desproporcionalidade» desta folga, xa que «o convenio colectivo de Vitrasa é o mellor do sector en toda Galicia, polo cal o persoal de condución conta coas mellores condicións salariais e laborais da comunidade». Estas condicións, como «percibir un salario un 37% máis alto que calquera outro compañeiro do sector na provincia de Pontevedra, superan amplamente ás do convenio colectivo do sector cuxos traballadores e traballadoras convocaron un día de folga, mentres que o Comité de Empresa de Vitrasa xa leva preto de 5 meses prolongando esta situación de paros que prexudican amplamente á cidadanía, ao persoal e á empresa».
Dende a compañía de transporter sinalan que a diferencia salarial entre un traballador de Vitrasa e un traballador de outra compañía sitúase, como mínimo, en 10.000€ anuais, «sen ter en conta a antigüidade, as horas de traballo anuais (as estipuladas en Vitrasa son menos que as do convenio provincial do sector), ademais doutras vantaxes sociais que colocan ao corpo de condución de Vitrasa como o mellor pagado de toda Galicia».
Dende Vitrasa sinalan que a empresa encontrase «nunha situación de perda de viaxeiros derivada da Covid-19 coas conseguintes perdas económicas de varios millóns de euros que conlevan». «Neste contexto, do que o Comité de Empresa é coñecedor, e tendo en conta as favorables condicións actuais dos traballadores, as demandas do Comité de Empresa para que se realicen incrementos salariais é unha proposta ilóxica e insolidaria que a empresa non pode asumir».

