Funcionará os venres, sábados e vésperas de festivo durante xuño, xullo e agosto
As liñas que cubrirán este servizo son a N1, a N4 e a ampliación da C1 polas noites
Vitrasa pon en marcha o servizo nocturno nos meses de verán que dará cobertura a máis de 200.000 persoas polas noites e que comezará este venres 14 de xuño. As liñas que prestarán este servizo na cidade son a N1, N4 e ampliación da C1 (C1 Nocturna).
A C1 Nocturna funcionará dende as 22.50 ás 05.15 horas, cunha frecuencia de 30 minutos, facendo o seu percorrido habitual. Desta forma, os venres, sábados e vésperas de festivos a liña C1 dará un servizo ininterrompido durante as 24 horas, chegando a novas zonas como Gran Vía, Praza de España e rúa Barcelona.
O percorrido que realizará a liña C1 polas noites os venres, sábado e vésperas de festivos durante xuño, xullo e agosto é o habitual: Praza América – Coruña – Torrecedeira – Gaiteiro Portela – Berbés – Cánovas del Castillo – Reconquista – Policarpo Sanz – Colón – Urzáiz – Gran Vía – Praza España – Barcelona – Pintor Laxeiro – Camelias – Praza América.
A liña N4 funcionará dende ás 23.35 ás 06.03 horas cubrindo a demanda das zonas como Navia, Balaídos, Martínez Garrido ou Gregorio Espino.
O percorrido da N4 será o seguinte: Teixugueiras – Limpiño – Porriño – Baiona – Avda. Castelao – Martín Echegaray – Manuel de Castro – Estadio Balaídos – Fragoso – Praza América – Coruña – Torrecedeira – Gaiteiro Portela – Berbés – Cánovas del Castillo – Reconquista – Policarpo Sanz – Colón – Urzáiz/Príncipe – Choróns – Jenaro de la Fuente – Martínez Garrido – Gregorio Espino – Choróns – Urzáiz – República Arxentina – García Barbón, 7 – Policarpo Sanz – Velázquez Moreno – Praza Compostela – Cánovas del Castillo – Gaiteiro Ricardo Portela – Torrecedeira – Coruña – Praza América – Fragoso – Estadio Balaídos– Manuel de Castro – Martín Echegaray – Avda. Castelao – VG20 – Teixugueiras. O percorrido da N1 contempla: Samil (1ª Parada Avda. Europa) – Avda. Europa – Avda. Castelao – Pza. América (túnel) – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzaiz- Príncipe – Urzaiz – Trav. Vigo – Buenos Aires – Sanjurjo Badia – García Barbón – Policarpo Sanz – V. Moreno – García Olloqui – Cánovas del Castillo – Beiramar – G. Ricardo Portela – Torrecedeira – P. E. Fadrique – Tomás Alonso – Camilo Veiga – Avda. Atlántida – Samil – 1ª Parada Avda. Europa.

