VIGOHOY Saúde: Aportacións dende o punto de vista da fisioterapia para sobrelevar a cuarentena

Por Nabor Costa, fisioterapeuta.

ZFV

Patear monte, correr polo parque, pasear pola praia, ir ó ximnasio… Os que facían este tipo de actividades son, posiblemente, os que mellor entenden e os que máis botan de menos os beneficios do exercicio físico no día a día, e a priori os que máis concienciados están de seguir facendo deporte a pesar das limitacións evidentes que conleva esta situación tan extraordinaria. Pero é á xente máis pasiva a quen intentaremos animar a que se movan e se activen nas súas casas dando a coñecer, neste pequeno artigo, os beneficios que o movemento lle aporta ó corpo.

O confinamento ó que estamos sometidos para colaborar socialmente á resolución desta pandemia na que todas somos víctimas potenciais, conleva sen dúbida, outro tipo de problemas de saúde, que se ben é certo que non son tan graves a priori, si que nos poden provocar unha merma considerable na nosa saúde e a nosa calidade de vida a curto e medio prazo.

A falta de movemento, a inactividade e a inacción que conleva este parón nas nosas vidas pode provocarnos problemas coma a atrofia muscular, pérdida de forza, rixidez articular, pérdida do esquema corporal (para entendernos sería como o borrado do programa de movementos que temos instalado no cerebro) coa conseguinte reducción na coordinación, ademáis de dolor articular ou incremento de problemas metabólicos, circulatorios ou cardiovasculares sobre todo na población con factores de risco coma hipertensión ou hipercolesterolemia (moitos dos cales tiñan no exercicio diario un potente aliado para mantelos a raia).

A falta de movemento, a inactividade e a inacción pode provocar problemas nas articulacións.

É de gran importancia que “cambiemos o chip” e comprendamos que, agora non temos a desculpa de que non temos tempo no noso día a día.

É por isto, entre outras complicacións, que é de gran importancia que “cambiemos o chip” e comprendamos que, agora que non temos a desculpa de que non temos tempo no noso día a día, o exercicio non soio nos axudará a establecer unha rutina diaria se non que nos beneficiará física e mentalmente a levar mellor esta situación.

Entre os beneficios que obteremos está a liberación de endorfinas, que poden xerar unha sensación de pracer e benestar e incluso aliviar certas dores, a mellora cardiopulmonar (ou polo menos intentar que non empeoren estes parámetros), o beneficio metabólico que implica reducir a concentración de certas moléculas irritantes (dolores por manter unha determinada postura durante horas coma estar sentado no sofá ou mirando o móbil) polo simple feito de que ó facer circular o sangue polo corpo cunha maior frecuencia, intensidade e unha maior concentración de oxíxeno favorecerá a homeostasis dos tecidos que conforman o corpo.

Chegados a este punto, os que habitualmente fan deporte xa terán establecidas as súas rutinas de traballo diarias, pero ¿qué pode facer a xente que non se exercita habitualmente para que se activen e non aparezan ó día seguinte cargados, maniotas e/ou lesións?

Hai varias alternativas, dende camiñar no sitio durante un tempo mentres miran a súa serie favorita, ata seguir algún dos milleiros de tutoriais, táboas de autocargas, clases de aeróbicos ou sesións de ioga que se están subindo a Youtube. Hai unha variedade enorme, pero deberíamos ter en conta varios aspectos…

Proba a facer exercicios sinxelos na casa.

Importante prestar máis atención a 4 parámetros principais: 

Manter ou mellorar a resistencia. Exercicio durante un tempo mínimo de 20 minutos un par de veces ó día ou uns 35 a 40 minutos nunha sesión. 

Traballar forza, para evitar a atrofia muscular. Por exemplo un cuádriceps que non se activa pode perder ata o 25% da súa forza en unha semán. Os exercicios co propio peso corporal ou improvisando con botellas de auga poden ser unha boa opción. 

A flexibilidade que nos favorece a amplitude de movemento articular e coordinación por todas as estructuras neuronais que ésta implica dende a planificación do xesto no cerebro ata a execución polo corpo, mantendo fluídas e entrenadas estas conexións sinápticas.


Finalmente, uns consellos para os que tomedes a decisión de comezar a movervos. Non queirades facelo todo xunto nun día. O beneficio virá pola rutina diaria e pola constancia no traballo. Procurade facelo en compañía. Sexa un video de “just dance”, unha sesión de ioga on line, unha taboa de exercicios ou saltar e bailar mentres mirades un concerto en youtube… hai dúcias de cousas novas para probar. Pero facelo con máis persoas, non soio é máis divertido e xurdirán unhas boas risas cando algo se faga mal ou nos equivoquemos -o cal non soio nos pode facer disfrutar dunha situación que a priori non sempre apetece se non estás acostumbrado-, senón que ademáis nos axudará a liberar endorfinas e a que, cando nos dea pereza entrenar, uns tiremos polos outros.