Os distintos museos da cidade ofrecen nestes momentos oito exposicións abertas ao público
O Concello retomou a súa actividade cultural coa posta en marcha de oito exposicións nos diferentes contedores culturais da cidade. Tal e como detallou o rexedor, o MARCO ten tres mostras operativas nestes momentos: “4 proyectos”. Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador Cidrás/Juan Cidrás, Mar Vicente; “A mirada acesa”, de Din Matamoro e a “Música das formas” de Glenda León.
A fotografía de Javier Teniente, a través de “Unha xeografía atormentada”, está dispoñible na Casa das Artes, na Pinacoteca, podemos gozar de “Dentro e fóra”, unha visión de artistas dos séculos XIX e XX e a súa relación coa representación espacial.
Na Casa Galega da Cultura sigue aberta “Carótidas y coronarias”, a XII edición de Afinidades selectivas así como unha homenaxe a Xela Arias, unha mostra da documentación escrita e gráfica sobre a autora na Fundación Penzol e na bibilioteca Ferńandez del Riego. Por último, a Fundación Liste acolle (A) pegadas, Transitar onte para camiñar hoxe.

