Vigo recibe 11 millóns dos fondos europeos para mobilidade

Imagen de la entrada al primer tramo de las rampas.

O Ministerio de Transportes resolveu favorablemente aos proxectos presentados polo Concello, que utilizará os fondos para o desenvolvemento das ramplas da Gran Vía, o ascensor HALO e a Vía Verde

O Concello vén de recibir 10.995.000 euros dos fondos europeos concedidos polo ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, enmarcados no programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e transformación dixital e sostible de transporte urbano.

O MITMA valorou “con moi alta cualificación” os proxectos das ramplas de Gran Vía, o ascensor HALO e a Vía Verde, polo que os rexedor puxo de manifesto o seu “agradecemento e recoñecemento” ao Goberno de España “que xa trasnferiu 12.286.000 millóns a Vigo”.

Caballero lembrou que Vigo xa recibiu fondos europeos doutros ámbitos: 671.728 para a mellora e modernización do mercado de Teis; 369.958 euros para a mellora do eixo turístico Teis – Bouzas coa implantación do comercio dixital; e 250.000 euros para a elaboración do plan de acción da Axenda Urbana de Vigo.