Bandas de música, corais, orquestra, música pop, rock ou clásica, ocuparán o centro da cidade e as parroquias
Vigo suma esta fin de semana unha vintena de concertos en toda a cidade. A programación comeza este venres en Finca Solita, co programa Curiosidades Solita: ás 19:00 horas, YEP!, e ás 21:00 horas Sergio de Miguel Trío.
Nas festas de Alcabre, detrás do Pazo dos Escudos, este vernres ás 19:30 horas, Banda de música Helios de Bembrive e ás 21:00 horas, concerto de Teo Cardalda.
O Festival TerraCeo no Auditorio Mar de Vigo acolle este serán, ás 20:30, o concerto de Nach.
Mañá sábado, no marco do ciclo “Vigo, un mar de corais”, na Praza Galegos Ilustres, ás 19:30 horas: Val do Fragoso, San Miguel de Oia e Coro de Cámara Rías Baixas. No Mercado do Progreso, 19:30 horas, Máximo Gorki, Enarmonía e Apóstolo Santiago.
O ciclo Concertos por Barrios, leva mañá ás 20 horas ao Torreiro dos Liñares en Oia o recital do Ateneo Musical de Bembrive e Lira San Miguel de Oia. No Paseo de Alfonso, ás 21 horas, concerto da Unión Veciñal, Cultural e Deportiva de Candeán.
Dentro da campaña de apoio ao comercio local, este sábado ás 20 horas, espectáculo de Alberto Cunha na Praza da Independencia. Tamén mañá, a Orquestra Clásica, estará en en Barreiro, diante do Máis que Auga ás 21 horas. E no Festival Terraceo toca ás 20:30 Corizonas e Toñito de Poi, mentres a Orquestra América leva ao Torreiro de Candeán ás 22 horas o seu espectáculo.
O domingo, 11 de xullo, dentro do programa Concertos por barrios ás 12 horas a Escola de Música de Beade en Navia tocará na Asociación de Veciños Emilio Crespo e ás 20 horas, no Centro Cultural de Valladares, a Coral Polifónica Voces do Torreiro de Coia e Coro de Cámara Rías Baixas Festas.
Nas festas de Alcabre, ás 13 horas do domingo, a Banda de Música de Candeán toca detrás do Pazo dos Escudos. O ciclo “Vigo, un mar de corais” leva á Praza Galegos Ilustres, ás 19:30, a Máximo Gorki, Amadeus e Coral de Teis e ao Mercado do Progreso, á mesma hora, a Atlántida de Matamá, Ars Vocalis de Coia e San Mamede de Zamáns.

