“Vigo Mundo Xogo” chega á Porta do Sol

O alcalde indicou que “será un gran espazo de xogo para nenos e nenas”. Terá lugar o venres 17, sábado 18 e domingo 19 de maio

Abel Caballero anunciou este luns a chegada de “Vigo Mundo Xogo”, que contará con 200 metros cadrados con tres propostas de xogo: Superthings, Piratix e Playmobil.

- Publicidad -
LETRAS GALEGAS 2024

Arrincará o venres 17 de maio ás 12:30 horas, ata as 13:30, hora na que remata a quenda de mañá. O sábado e o domingo a apertura será ás 11 horas. Pola tarde, os tres días estará de 16:30 a 20:30 horas.

Como indicou o rexedor, “os nenos e nenas poderán acceder á zona de xogo onde haberá mesas temáticas e contedores de materiais dos tres xogos”, as últimas coleccións de Superthings, a nova colección de Piratix e xoguetes de diferentes temáticas de Playmobil. Ademais haberá “regalos para todos os asistentes”, sentenciou Caballero.