Vigo impulsa la compostaxe escolar con composteiros dinámicos en 10 centros educativos

O novo plan instala dispositivos de aireación e rotación que aceleran a fermentación e permiten tratar máis volume de residuos orgánicos

O Concello de Vigo e FCC puxeron en marcha o novo Plan de Compostaxe Escolar, unha iniciativa pensada para fortalecer a educación ambiental e avanzar na xestión sostible da materia orgánica. O programa chega con dez composteiros dinámicos de última xeración, capaces de traballar máis volume de residuos grazas ao seu sistema de aireación e rotación automática.

Vigo reforza a educación ambiental desde as aulas

Os primeiros centros en incorporarse ao plan serán o CEIP Frian-Teis e o CEIP Carrasqueira, que dispoñen de comedor e horta, polo que xeran unha maior cantidade de restos orgánicos. A eles seguiranse outros oito centros: CEIP Carballal-Cabral, CEIP Santa Cristina, CEIP O Pombal, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Lope de Vega, CPR Andersen, CPR Maristas e IES Beade.

Todos eles recibirán, ademais, formación e acompañamento técnico para que o alumnado aprenda a compostar correctamente e comprenda o ciclo completo da reciclaxe orgánica.

Unha cidade pioneira na xestión dos biorresiduos

Vigo é, hoxe, a primeira cidade de Galicia en implantar o colector marrón en todo o termo municipal. Ademais, máis de 3.000 familias do rural xa producen o seu propio abono natural, e o obxectivo é chegar ás 5.500 vivendas nos vindeiros meses.

O novo Plan de Compostaxe Escolar reforza ese liderado, ao ser Vigo unha das primeiras cidades de España en introducir composteiros dinámicos en contornas educativas.