Vigo expón en FITUR “Millóns de visitantes, millóns de embaixadores”

A cidade presentou a súa oferta turística para 2024 co fío do éxito do Nadal. Abel Caballero e os xornalistas Paula Montes e Rodolfo Irago guiaron o acto que tivo lugar no stand de TurEspaña

“Vigo, millóns de visitantes, millóns de viaxeiros”, é a proposta turística do Concello para este 2024. Abel Caballero xunto a membros da corporación municipal, xornalistas e actores do comercio e turismo da cidade, desprazáronse ata a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid para expoñer ante milleiros de persoas o éxito do Nadal de Vigo.

O acto, conducido polos xornalistas Paula Montes e Rodolfo Irago, e no que participou o alcalde, resumiu ese “orgullo vigués” pola transformación que se está a acometer na cidade. “Somos de Vigo, gústanos Vigo e presumimos de Vigo”, afirmou a presentadora. Así, deu paso ao vídeo promocional da cidade. Catro minutos onde Vigo é o escenario e todas as actividades turísticas as protagonistas. O Nadal, o verán, as Illas Cíes, as nosas praias e sendeiros co distintivo de calidade medioambiental, o novo paseo e praia de Bouzas e o espectáculo pirotécnico, os concertos de primeiro nivel en Castrelos, o festival de cultura e deporte urbano O Marisquiño, a gastronomía con produtos de primeira calidade, a musealización das galerías de O Castro, a Reconquista, o Celta e o seu novo estadio, e a maior novidade, o HALO, que súmase ao resto de ascensores, escaleiras en ramplas mecánicas que favorecen a mobilidade cómoda e sostible nunha cidade que mira ao mar desde moitos puntos da súa orografía.

O diálogo que acompaña ás imaxes é claro e conciso: “A realidade supera as expectativas”. E por iso que os millóns de visitantes convértense nos mellores embaixadores. Na presentación en FITUR tamén amosaron a súa opinión moitos turistas procedentes de todo o mundo situando a Vigo como unha cidade cálida, amable e que se supera ano tras ano.

Abel Caballero saíu ao escenario co seu slogan favorito: “Viva Vigo”, e celebrou na súa intervención que o nome de Vigo ocupe un papel en Europa e no mundo. Son decenas e decenas de titulares na prensa nacional e internacional nos que Vigo converteuse nun referente, “e o importante e que as persoas de Vigo gústanos o noso Nadal”. Isto creou, segundo o alcalde, “un turismo amigable, familiar, de parellas ou persoas que viaxan soas e onde xa non temos temporada baixa”. Para o alcalde o turismo en Vigo “non ten teito” e celebra a “marca cidade” conseguida durante este anos.

“A vida é ser felices e facer felices aos demais, e iso é o que quero para a miña cidade”, concluíu o rexedor ante os asistentes ao acto no stand de TurEspaña.

Irago engadiu “máis luces” ás do Nadal de Vigo, como as pesqueiras, ás da automoción e o sector naval e os solpores desde Samil e o sol caendo polas Illas Cíes. Tamén as luces de a arte e o talento, coa obra de Domingo Villar, Ledicia Costas e o Hematocrítico, María Xosé Queizán ou Pedro Feijóo, así como Julio Verne. Luces na pintura de Laxeiro e no Museo de Arte Contemporáneo (MARCO). Luces nas medianeiras con máis de 150 murais inundando de cor as rúas. Obras como as de Antonio Palacios que ten como máximo referente na cidade o Teatro Afundación. Vigo como capital da música, coa incomparable noite viguesa e referentes como Iván Ferreiro, Siniestro Total, Golpes Bajos, Sen Senra enchendo o Wizink Center de Madrid ou “o vigués máis madrileño”, C. Tangana.

Con todo, a oferta turística de Vigo para o ano 2024 é completa, e como din os que nos visitan e fan de embaixadores, “sempre supera as expectativas”.