Vigo estrea o primeiro furgón lavapapeleiras de Galicia con motor de gas natural comprimido e capaz de reciclar a auga

O Concello de Vigo e FCC incorporan ao servizo de limpieza este novo vehículo que permitirá limpar, aproximadamente, 1.500 papeleiras ao mes e aforrar un 20% de auga

O Concello de Vigo e FCC, empresa concesionaria do servizo de limpeza na cidade, seguen apostando pola modernización dos seus equipamentos e vehículos de limpeza poñendo o foco na sustentabilidade.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Nesta liña, Vigo cumpre un novo fito ao converterse na primeira cidade de Galicia en estrear un furgón lavapapeleiras con motor de gas natural comprimido (GNC) e capaz de reciclar a auga.

Trátase dun vehículo cunha capacidade de aforro dun 20% de auga, grazas á reciclaxe da mesma, e que permitirá limpar, aproximadamente, 1.500 papeleiras ao mes na cidade. O novo furgón está dotado de depósitos estancos para a limpeza robotizada mediante auga fría, a 150 bares de presión, e emprega desengrasante e desodorizador con etiqueta ECO, un produto biodegradable e en baixa concentración.

A incorporación deste vehículo, xorde do reto que supón abordar a limpeza in situ das papeleiras nas grandes cidades sen necesidade de ter que transportalas a unha estación central de lavado ou recorrer ao emprego de hidrolimpadores.