Equipos locais de fútbol 11 e fútbol 7 competirán en Benidorm e Salamanca
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este xoves aos representantes dos equipos de fútbol 11 e fútbol 7 da cidade que participarán nos Campionatos de España Máster, que se celebran en Benidorm e Salamanca, respectivamente.
Durante o encontro, o rexedor desexou sorte aos xogadores e felicitou ás entidades e empresas que patrocinan estas iniciativas deportivas. “Levan a Vigo polo mundo adiante”, declarou, destacando a relevancia de que a cidade estea representada en competicións nacionais.
Os equipos vigueses competirán en distintas categorías máster, nunha modalidade dirixida a xogadores veteranos que segue medrando en participación en todo o Estado.

