As luces de Nadal atraen a milleiros de cidadáns nos primeiros dous días da iluminación deste ano, rexistrándose unha ocupación hoteleira do 97%
Os hoteis da cidade rexistraron un case cheo durante a primeira fin de semana do Nadal, cunha ocupación hoteleira do 97%.
As estimacións municipais cifran en máis de 300.000 os asistentes ao centro da cidade durante esta primeira fin de semana.
Durante a fin de semana Papá Noel chegou a súa casa situada en Policarpo Sanz, onde os máis cativos poden achegar as súas cartas cos seus desexos. Amais, o rexedor tamén acudiu á apertura do Belén Monumental en Casa das Artes.

