Vigo contará cun servizo de bicicletas eléctricas

Abel Caballero indicou esta mañá que o Concello “autorizou a instalación de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas en aparcamentos subterráneos”

Na Xunta de Goberno Local deste venres, o Concello de Vigo autoriza a instalación de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas en aparcamentos subterráneos. Será en 7 aparcamentos da cidade (Avenida Castelao, Jenaro de la Fuente, Policarpo Sanz, Areal, Pintor Colmeiro, Urzaiz e Praza Independencia), no que se instalarán 10 prazas con recarga eléctrica e 10 bicicletas en cada un dos aparcamentos.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Como indicou o rexedor, con esta medida “estamos facilitando a recarga de vehículos eléctricos” e por outra banda, “a instalación dunha nova forma de entender a mobilidade urbana”, impulsando o uso de bicicletas eléctricas “para promover unha mobilidade de última milla sostible”.