Vigo, con enerxía 100% renovable nas instalacións municipais

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación do subministro de enerxía procedente de fontes 100% renovables en media e baixa tensión para diferentes instalacións municipais

Aprobouse tamén o VIII Programa de medianeiras cun orzamento de 480.000 euros

“Lideramos en España esta forma de protección do medio ambiente; todo é emisión cero, o cento por cento da enerxía eléctrica será renovable, con emisión cero de gases de efecto invernadoiro”, sinalou o rexedor ao informar da adxudicación do contrato do subministro, que ata agora empregaba o 50% de fontes de enerxía renovables. O prezo do contrato é de 6,5 millóns de euros por prazo dun ano, prorrogable por outros catro meses.

O contrato inclúe a enerxía para os semáforos, a iluminación pública, as instalacións deportivas, os colexios públicos, todas as dependencias municipais e as fontes dos parques e os xardíns da cidade.