Vigo celebra un Día de Galicia marcado polo Covid e con homenaxe a Ennio Morricone

El parque de Castrelos se incluye en el nuevo contrato.

O Concello conmemora na tarde deste xoves o Día de Galicia nos xardíns do Pazo de Castrelos, acto que poderá seguirse na web do Concello dadas as limitacións de aforo polo Covid-19

Xunto ao discurso do alcalde, o pregón correrá a cargo do xurista Cándido Conde Pumpido e a orquestra Vigo 430 interpretará, entre outras, unha peza do compositor Ennio Morricone, recentemente falecido

O acto aberto que tradicionalmente organiza o Concello será este ano con invitación e limitado a un aforo de 300 persoas, pero poderá seguirse en directo desde as 20 horas a través da web do Concello (www.vigo.org).

O acto contará cun cuarteto da orquestra Vigo 430, que interpretará ao inicio o primeiro movemento do cuarteto nº 12 “americano” de Antonin Dvorak. As intervencións correrán a cargo do alcalde de Vigo e do xurista Cándido Conde Pumpido, encargado este ano do bando do Día de Galicia.

Antes do tradicional himno galego co que se pecha a celebración, o cuarteto da formación musical tocará “O oboe de Gabriel” de “La misión”, unha peza do recentemente falecido Ennio Morricone.