As xogadoras viguesas fan historia ao proclamarse campioas galegas por primeira vez e representarán a Galicia en Barcelona
O equipo feminino de pádel “Las Islas Cíes.com”, con sede en Vigo, fixo historia ao gañar por primeira vez a Liga Galega de primeira categoría. A súa vitoria non só lles vale o título autonómico, senón tamén o pase á Copa de España de Ligas Autonómicas, que se disputará en Barcelona en novembro.
Unha traxectoria de superación e constancia
A capitá, Vanesa Andrade, expresou a súa emoción: “O ano pasado estivo moi preto, este ano conseguimos facelo”. O equipo acumula anos de experiencia en competición, con ascensos e podios continuados dende 2016, ata culminar este 2025 como campioas absolutas.
Deporte e visibilidade feminina desde Vigo para España
O club representa tamén un exemplo de empoderamento feminino no deporte, e conta co apoio dunha das webs máis visitadas sobre Galicia: lasislascies.com, con máis de 4 millóns de visitas en 5 anos e 26.000 seguidores nas redes.
As xogadoras invitan a seguir a súa traxectoria a través das súas redes sociais en Facebook, Instagram e TikTok, onde comparten o seu día a día como deportistas de elite e embaixadoras do nome de Vigo e das Illas Cíes.

