Vigo celebra o Entroido con concertos, desfile de comparsas e batucadas

O alcalde participou este martes na presentación do programa do Entroido 2024 acompañado por cabezudos e pola Batukada Lenha Verde na Portal do Sol, que será o escenario da entronización do Meco, o acto co que a cidade inicia os festexos

“Teremos un entroido notable”, avanzou Abel Caballero, cunha programación que comeza este venres, 9 de febreiro coa entronización do Meco ás 20:30horas na Porta do Sol e que se desenvolverá ata o vindeiro mércores, 14 de febreiro. Actividades para tódolos públicos, o gran desfile de comparsas do sábado 10 de febreiro por García Barbón, concurso de disfraces, concertos e batucadas conforman o programa de actos deste ano.

Programación:

-Venres 9 de febreiro:

Entronización do Meco, ás 20:30 horas en Porta do Sol

Animación de rúa con “Batukada Lenha Verde” desde as 18:30h a 20:30h por Príncipe- Porta do Sol e Policarpo Sanz

Unha vez finalizada a entronización do Meco (21:30h) concerto a cargo da “Orquestra Saudade” na Porta do Sol

-Sábado, 10 de febreiro:

Animación de rúa coa “Charanga Imperiais” de 17:00h a 18:00h por Príncipe)

O desfile de comparsas sairá ás 18 horas da rotonda de Isaac Peral percorrendo García Barbón e rematando en Policarpo Sanz

Unha vez finalizado o desfile celebrarase o concerto do grupo Broken Peach en Porta do Sol (22h)

Domingo 11 de febreiro:

De 12 a 14:00 horas, pasacalles por rúa do Príncipe e Porta do Sol a cargo de “Batukada Lenha Verde”

De 17:00h a 19:00h, animación de rúa a cargo de “Charanga Imperiais” en rúa Príncipe e na contorna de Porta do Sol

Actuacións infantís: ás 17:00 horas o Pallaso Popín en Porta do Sol (en caso de choiva trasládase ao Auditorio municipal e ás 18:30 horas, actuación do Mago Cali

Luns 12 de febreiro:

De 17 a 20:00 horas haberá talleres en Porta do Sol (se chove no Auditorio Municipal)

Animación de rúa coa “Charanga Imperiais” de 17:00h a 19:00h (pasarrúas rúa Príncipe)

Concerto a cargo de “Orquestra Stereo” (Porta do Sol ás 21:30h)

Martes 13 de febreiro:

Concurso de disfraces en Porta do Sol ou no Auditorio do Concello (en caso de choiva)

Ás 20:00 horas, concerto a cargo do grupo vigués “Os E.P.”, cun segundo pase á finalización da queima do Meco, que será ás 20:45 horas en Porta do Sol

Mércores, 14 de febreiro:

Exequias funerarias e desfile e acompañamento das comparsas da comitiva fúnebre a partir das 18:30 horas polas rúas Policarpo Sanz, Travesía de Príncipe, Rúa Príncipe, Urzáiz e finalización en Policarpo Sanz

Estará amenizado por “Batukada Lenha Verde” e a “Banda de Gaitas Atlántida de Matamá”

Na presentación deste martes na Porta do Sol participaron cabezudos, os membros da Batukada Lenha Verde e representantes dos centros culturais de Vigo.