Vigo amplía o horario dos cemiterios con motivo do Día de Todos os Santos

Cementerio de Pereiró.

Serán de 9 da mañá ás 18.30 horas os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro; haberá reforzo do bus urbano cara aos camposantos o 1 de novembro

Coa chegada do Día de Todos os Santos o Concello amplía o horario dos cemiterios municipais de xeito ininterrompido desde as 9 da mañá ata as 18:30 horas.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Deste xeito, abrirán as súas portas os días 30 e 31 de outubro e 1 de 2 de novembro os camposantos de Pereiró, Lavadores, Teis, Cabral, Bembrive, Beade, Candeán e Zamáns.

Visitas teatralizadas de Pereiró

O alcalde anunciou que o lunes 31 abrirá un novo prazo para solicitar praza na última quenda das visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró. Serán os días 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9 de novembro. As visitas a Pereiró son de balde e durante 90 minutos permiten coñecer os panteóns e monumentos funerarios do cemiterio da man de Concepción Arenal, Irene Ceballos, a Marquesa de Valadares e Cachamuíña. O aforo es de 25 persoas por grupo, sendo un ás 18:30, outro ás 19:00 e o último ás 19:30 horas.