O Concello lanza o procedemento para adxudicar a instalación e explotación dos quioscos de praia, un expediente aprobado este xoves pola Xunta de Goberno Local e que incorpora novidades visibles con respecto ás convocatorias anteriores.
En primeiro lugar, os permisos serán válidos para os próximos catro anos, desde este verán ata o de 2024. Tamén cambia o período de funcionamento, que esta tempada será desde o 1 de xuño ata o 31 de outubro e, desde o 2022 en adiante, comenzará o 1 de maio e permitirá operar tamén durante a Semana Santa. Pero o cambio máis notorio que incorpora o contrato é estético e de funcionalidade. Os novos quioscos terán que ofrecer baños adaptados a todos os usuarios das praias e incorporar mobiliario acorde á instalación.
O Concello habilitará a instalación e explotación de once quioscos de venda de comida e bebida nos areais vigueses: un na praia da Punta, Santa Baia, na Etea e en Argazada, dous en Tombo do Gato e no Vao, e tres máis en Samil.

