Na tarde deste luns ten lugar o acto de acendido do marcador electrónico de 4×3 metros que descontará o tempo restante ata o 24 de decembro
“Queremos empezar a respirar o Nadal”, explicou Caballero: “Xa saben que o Nadal o marca Vigo, que é Vigo quen marca as pautas do Nadal neste planeta”
O contador está emprazado na rúa do Príncipe, ante o Museo de Arte Contemporánea da cidade, e se acende este mesmo luns, ás 20 horas, nun acto presidido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen detallou que este “gran reloxo” ten unha pantalla de 4×3 metros sobre unha plataforma.
O electrónico marca a conta atrás para a chegada do día do Nadal. “Queremos empezar a respirar o Nadal”, argumentou Caballero este luns en rolda de prensa: “Xa saben que o Nadal o marca Vigo, que é Vigo quen marca as pautas do Nadal neste planeta, a recuperación da cultura do Nadal, tan importante en todas partes”.

