A unidade da Axencia Estatal de Administración Tributaria, contará con 92 traballadores públicos
O alcalde de Vigo foi informado esta mañá pola ministra de Facenda, María Jesús Montero, da próxima implantación en Vigo da Administración de asistencia Dixital Integral (ADI), unha plataforma dirixida a prestar servizos de información e asistencia á cidadanía a través de medios electrónicos. A Axencia Estatal de Administración Tributaria pretende a potenciación dos servizos de información e asistencia prestados aos contribuíntes, priorizando o uso das novas tecnoloxías fronte aos medios tradicionais de asistencia presencial. A primeira sede destas características estableceuse en Valencia e a segunda empezará a funcionar proximamente en Vigo.
Esta unidade administrativa contará con 92 traballadores públicos (2 inspectores; 44 técnicos adicados a funcións tributarias de información e asistencia; 1 técnico dedicado a tarefas de persoal e recursos humanos; 1 técnico dedicado a labores de informática; 40 axentes da facenda pública; 4 administrativos (persoal de apoio de labores de recursos humanos e informática). A posta en marcha definitiva da ADI require dispoñer dun local axeitado para o desenvolvemento do traballo, con dotación de medios materiais, que replicarán os xa establecidos por traballador na unidade de Valencia. Tras a incorporación do persoal en outubro e a formación precisa, a unidade administrativa de Vigo podería estar informando e asistindo aos contribuíntes desde no mes de novembro. Segundo está programado, a ADI de Vigo prestará asistencia en todas as materias previstas para estas unidades: censais, IVA e IRPF integrando os servizos correspondentes ás áreas de xestión tributaria, inspección de financeira e tributaria, ademais de aduanas e impostos especiais-.

