Vetusta Morla e Xoel López, dobre actuación en Castrelos o 16 de agosto

Abel Caballero desvelou hoxe unha nova cita da programación de concertos de verán, que xuntará ao cantautor galego e a banda de indie rock, “que celebrará en Vigo a súa última actuación con gran aforo”

O venres 16 de agosto, o auditorio natural de Castrelos albergará o concerto de Vetusta Morla e Xoel López, “unha dobre actuación destes grandes artistas”, destacou o rexedor.

Finalmente Abel Caballero desvelou que a actuación na nosa cidade “será a última de Vetusta Morla nun evento de gran aforo”, xa que o pasado mes de abril, a banda anunciou un “receso” no seu traballo, polo tanto un concerto especial para a banda madrileña.

Esta dobre actuación é a décima confirmación para o Vigo en Festas 2024:

  • Dani Fernández – 13 de xullo
  • Coral Casablanca – 20 de xullo
  • Luis Fonsi – 23 de xullo
  • Sen Senra – 25 de xullo
  • Luz Casal – 2 de agosto
  • UB40 – 7 de agosto
  • Ópera Rigoletto – 9 agosto
  • Víctor Manuel – 14 de agosto
  • Xoel López + Vetusta Morla – 16 de agosto
  • Melendi – 17 de agosto