Dende ás 16:30 horas do sábado prográmase un corte da tráfico conxunto dende Paseo Alfonso XII, rúa de Elduayen, Porta do Sol, rúas de Policarpo Sanz, Colón e Urzáiz ata Gran Vía e rúas adxacentes con hora estimada de finalización ás 00:00 horas
Con motivo do acto de acendido da iluminación de Nadal, previsto para este sábado 20 de novembro ás 20:30 horas, o Concello informa das medidas adoptadas en materia de tráfico e seguridade e pide a máxima colaboración cidadá.
En previsión de gran afluencia de público existe un Plan de Autoprotección que garante a seguridade no desenvolvemento do evento tendo en conta, en todo momento, as normas de saúde pública adoptadas pola Xunta de Galicia ao respecto da Covid-19.
Dende ás 16:30 horas do sábado prográmase un corte da tráfico conxunto dende Paseo Alfonso XII, rúa de Elduayen, Porta do Sol, rúas de Policarpo Sanz, Colón e Urzáiz ata Gran Vía e rúas adxacentes con hora estimada de finalización ás 00:00 horas.
Ademais, o tráfico quedará cortado desde as 16:30 horas do sábado ata finalizado o evento nas seguintes rúas:
-Méndez Núñez con Chao
-Dr. Cadaval dende a rúa López de Neira
-Reconquista entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz
-Policarpo Sanz entre Porta do Sol e Colón
-García Barbón entre Colón e República Arxentina
-Colón entre Marqués de Valladares e Urzáiz
-Urzáiz entre Colón e Lepanto
-Gran Vía ascendente dende Urzáiz ata María Berdiales
-Rúa Urzáiz descendente entre Vázquez Varela e Lepanto
-Magallanes e Gil
-Cervantes con acceso exclusivo para residentes dende Alfonso XIII
-Accesos a rotonda de Rosalía de Castro con Serafín Avendaño
-Acceso dende Cánovas del Castillo cara o centro
Nestas vías queda prohibida a venda ambulante, o estacionamento de motos e a montaxe de terrazas.
Establécense os seguintes desvíos de tráfico:
– Aos vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón e Areal recoméndaselles usar os túneles de Areal-Beiramar.
– Recoméndase circular pola Avenida de Beiramar aos que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección a Travesía de Vigo.
– Aos vehículos procedentes da autoestrada AP9 recoméndaselles a saída pola rúa de Isaac Peral ou pola de Buenos Aires.
– Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzáiz serán desviados no cruzamento coa rúa de Vázquez Varela.
– Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
– Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ao seu destino. – Recoméndase aos vehículos que procedan da praza de España con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviarse pola rúa de Pizarro.
– Os vehículos que circulen pola rúa de Rosalía de Castro ou de García Barbón cara ao centro desviaranse pola rúa da República Arxentina cara a rúa de Areal dirección os túneles.
Os vehículos que queiran acceder aos aparcamentos dende as rúas cortadas ao tráfico poderán facelo ata as 18:00 horas do sábado:
-Rúa de Policarpo Sanz: o tramo entre as rúas de Reconquista e de Velázquez Moreno por Reconquista. O tramo entre as rúas de Colón e Velázquez Moreno por Velázquez Moreno ascendente dende Marqués de Valladares
-Rúa de Velázquez Moreno entre as rúas de Marqués de Valladares e Policarpo Sanz: acceso e saída a garaxe dende a rúa de Marqués de Valladares.
-Uruguay, Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde, República Argentina: dende Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguay, Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde, ou por Alfonso XIII, Cervantes, Rogelio Abalde. -Rúa de Hernán Cortés entre Urzáiz e María Berdiales: dende María Berdiales. A saída non estará habilitada ata as 22:00 horas.
No tocante ao servizo de autobús urbano, con motivo do peche ao tráfico, as paradas de bus urbano vense modificadas quedando do seguinte xeito:
-Paradas operativas máis próximas á zona do evento: Urzáiz 13 e República Argentina 21, García Barbón 7, Gran Vía 21, Venezuela 4, Pi y Margall e Cachamuíña. -Paradas anuladas: Arenal (Aduana), Policarpo Sanz (todas), Colón 27, Praza de Compostela (todas), Reconquista, Cánovas del Castillo (A Laxe), Rosalía Castro (todas), Urzáiz (Farol) e Urzáiz 28.
O Concello dispón de varios puntos de emerxencia e atención cidadá:
– Punto de encontro de nenas e nenos e obxectos perdidos no evento: establécese na rúa de Policarpo Sanz diante do teatro García Barbón. No caso de perdas de nenos/as, cómpre dirixirse aos voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, organización e aos axentes da Policía Local.
– Centro de coordinación do evento: xunto ao Teatro García Barbón
– Ambulancias do evento: Marqués de Valladares con Darío Álvarez Blázquez, rúa de Colón 14, Eduardo Iglesias e Rúa Uruguay con Colón
– Bombeiros: en rúa Reconquista entre a rúa Marqués de Valladares e Policarpo Sanz
Para mellorar a seguridade do evento, establecemos as seguintes recomendacións: – A capacidade prevista no recinto de Policarpo Sanz é limitada, estimada en 9.000 persoas pendente de limitacións por protocolos COVID-19, polo que unha vez alcanzado este número o servizo de control de acceso do evento pechará o recinto e os corpos de seguridade poderán tomar a decisión de limitar os accesos dende as rúas próximas: Príncipe, Velázquez Moreno, Eduardo Iglesias, López de Neira e demais accesos.
– Existen pantallas de emisión en directo do evento situadas no cruzamento da rúa do Príncipe esquina Ronda de don Bosco, na rúa Policarpo Sanz á altura da caseta de Papá Noel e na praza interior do Centro Comercial Vialia.
– Recoméndase evitar o uso do vehículo privado. Ás rúas cortadas ao tráfico non se poderá acceder dende as horas establecidas, polo que cumpriría que acudan ás súas proximidades preferiblemente a pé ou en transporte público.
– A mobilidade peonil no entorno da rúa Elduayen e Porta do Sol establecese en sentido ascendente polo lado mar e descendente polo lado terra. Recoméndase o uso de percorridos alternativos á Porta do Sol e rúa Elduayen pola rúa San Vicente e Ferrería. – A mobilidade peonil na contorna da árbore de Nadal establécese en sentido cara a Porta do Sol polo lado mar e cara Colón polo lado terra.
– De forma xeral recomendase a circulación peonil pola beirarrúa dereita no sentido da marcha. – Non accedan, por seguridade, á zona de maior afluencia de público con carros de nenos, bicicletas, VMP e mascotas.
– Respecten os corredores de emerxencia/evacuación e zonas de paso de residentes delimitado nos laterais da rúa Policarpo Sanz.
– As persoas residentes na zona afectada polos cortes de trafico deberán evitar o uso do vehículo particular nas horas do evento.
– Atendan as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e persoal de seguridade da organización.
– Haberá espazos (limitados) para persoas con mobilidade reducida e acompañante na contorna da árbore, con acceso exclusivo pola rúa Velázquez Moreno

