Un millar de escolares desfilará por Vigo o xoves 24 para celebrar a Reconquistiña

Nesta semana festiva na cidade sucédense os actos conmemorativos da Reconquista

Un millar de estudantes de quince centros educativos percorrerá o xoves 24 as rúas de Vigo para conmemorar a festa da Reconquista. O Concello asumirá o transporte de ida e volta do alumnado que participará nun desfile que partirá de A Laxe cara á Praza Compostela. Durante a xornada, está previsto que os alumnos gocen do espectáculo Ollo Piollo, de Barafunda Animación.