Trátase de prazas de nova creación nos centros de saúde de Mos, Ponteareas e no PAC de Val Miñor
En total, este ano dotouse a área con 4 novas prazas de médicos, 16 de enfermaría e 3 de fisioterapeuta, o que supón o maior incremento de persoal nos últimos anoS
Esta dotación de recursos humanos enmárcase no desenvolvemento do Plan de Atención Primaria da Consellería de Sanidade, que contempla un importante crecemento de persoal neste nivel asistencial
Tres novos especialistas en Medicina Familiar e comunitaria se incorporan mañá a atención primaria viguesa. Trátase de prazas de nova creación, destinadas aos centros de saúde de Mos, Ponteareas e ao PAC de Val Miñor. A estas hai que engadirlle outra nova praza de médico/a en Salceda de Caselas,que ven de ser cuberta no pasado mes de xuño.
Ademais, ao longo deste ano, tamén dotouse a Área de Vigo con 16 prazas de nova creación de enfermaría (10 en centros de saúde e 6 en PAC) e 3 de fisioterapia.
Este incremento de recursos humanos enmárcase no desenvolvemento do Plan de Atención Primaria da Consellería de Sanidade, que contempla un importante crecemento de persoal neste nivel asistencial. En concreto, na área de Vigo estas novas prazas veñen a sumarase a outras 18 creadas no pasado ano (das que 10 eran de médicos/as), e que supón o maior incremento do cadro de persoal da atención primaria dos últimos anos.
Maior estabilización do persoal
Neste marco, cabe recordar tamén que a pasada semana dotouse de estabilidade a 7 facultativos, cubrindo con vínculos de interinidade 6 prazas vacantes de medicina familiar e comunitaria, e cun vinculo de longa duración a unha reserva de praza. En concreto, os 7 profesionais de medicina xeral se incorporaron aos seguintes centros de saúde: 1 en A Cañiza, 1 Coia, 1 en Gondomar, 1 en Moaña, 1 en Ponteareas, 1 en O Rosal e 1 en Val Miñor. Con esta medida, a Área de Vigo sigue avanzado no obxectivo de reducir a taxa de eventualidade da organización en aras dotar de maior estabilidade no emprego aos profesionais, favorecendo a conciliación laboral e familiar e mellorando tamén a continuidade asistencial .

