Tres especialistas en uroloxía do Álvaro Cunqueiro obtiveron a máxima certificación europea de excelencia

AFellow of European Board of Urology é un prestixioso recoñecemento a niveleuropeo que garantea calidade dos profesionais, avaliando a súa formación nun marco internacional da especialidade

Tiveron que superar dous exames, un escrito e outro oral, que acreditaron que os seus coñecementos acadan o estándar europeo

Os facultativos especialistas de Uroloxía do Álvaro Cunqueiro, Sabela López García, Sheila Almuster Domínguez e Miguel Perez Schoch obtiveron a certificación de Fellow of European Board of Urology, tras realizar o último exame na cidade europea de Leuven (Bélxica).

O European Board of Urology é unha certificación de calidade que garante que os aspirantes teñan cumprido cos requisitos educativos, prácticos e de revisión establecidos pola sección de Uroloxía da Unión Europea de Médicos Especialistas. É dicir,  permite acreditar que os coñecementos do aspirante acadan o estándar europeo.

En definitiva, trátase dun prestixioso recoñecemento a nivel europeo, que certifica a adecuada formación que reciben os urólogos en Europa e un selo de calidade para os profesionais que a conseguen.

Dous exames

A certificación do Board Europeo de Urología obtense tras superar dous exames, un escrito e outro oral, que pódense realizar en varios idiomas.

O obxectivo do exame escrito é validar se o aspirante conta cos niveis requiridos de coñecementos sobre todos os temas urolóxicos actuais; e o exame oral avalía casos clínicos aos que poden enfrontarse os urólogos en su día a día, tendo como referencia as guías clínicas da Asociación Europea de Urología. Estas probas son obrigatorias para exercer a especialidade nalgúns países de Europa, aínda que en España non.