A Asociación Veciñal de Teis, celebra a súa festa veciñal este vindeiro final de semana, o venres 8 e sábado 9 de setembro a “ Teis Fest” na praza da ETEA.
«Este é o sexto ano que realizamos a festa na praza da ETEA, cun obxectivo de darlle uso e por en valor os terreos da antiga ETEA, que durante moitos anos até o 2002, estivo prohibido o aceso da veciñanza aos mesmos ao ser unhas instalacións militares. Desde que celebraremos a festa na ETEA, a asistencia da veciñanza medra ano a ano», sinalan.
A festa veciñal terá un amplo programa de actividades ao longo da xornada do venres e o sábado, que inclúe un xantar veciñal, concertos, cinema ao aire libre, mercado de artesanía, bar, animación infantil, etc.
Comezará o venres 8, pola tarde co mercado de artesanía e ás 22:30 horas con cinema ao aire libre coa proxección do filme “ Valentina”.
Xantar veciñal
Unha das actividades máis importantes na festa, é o xantar veciñal que será o sábado 9 ás 14:00 horas, para participar hai que anotarse previamente no local da Asociación, con data limite este venres 8.
Este ano vaise elaborar na propia festa unha paella e haberá tamén unha degustación de mexillóns, xa temos anotadas 100 persoas. O prezo é de 13 euros para socios/as e 17 euros non socios/as.
8 de setembro
- 22:30 h. Cinema ao aire libre “ Valentina. “
9 de setembro
- 12:30 h. Cambio de pola- Os Cuncheiros.
- 14:00 h. Xantar veciñal.
- 16:30 h. Animación infantil.
- 17:30 h. Star Danza.
- 18:30 h. Banda de música Atlántida de Mátama.
- 19:30 h. Representación teatral Pirata Drake.
- 21:30 h. Sonido de Teis.
- 22:30 h. Vértebras.
- 00:00 h. Os Vacalouras.