Tapias reclama por enésima vez o proxecto da nova Grada de Gol e marca como condición necesaria a renovación da concesión ao Celta

Grada de Río. Foto: RCCelta.

“O que queremos os celtistas é que o club poida celebrar o seu vindeiro centenario en Balaídos e para iso precisamos dun estadio en condicións”, sinalou a vicepresidencia primeira da Deputación de Pontevedra

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, emprazou hoxe ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a demostrar a súa vontade de chegar a acordos con administracións de distinto cor político e envíe dunha vez por todas o proxecto da nova Grada de Gol que a institución provincial lle ven reclamando por activa e por pasiva. Na súa opinión non hai razóns que xustifiquen máis retrasos na entrega desta documentación, necesaria para concretar a colaboración entre o Concello e a Deputación.

En todo caso, a representante provincial, ademais deputada con competencias en Deporte e en Vigo e a súa área de influencia, marcou como condición sine qua non a renovación da concesión ao Celta de Vigo. “O que queremos os celtistas é que o club poida celebrar o seu vindeiro centenario en Balaídos e para iso precisamos dun estadio en condicións”, sinalou. “Tendo en conta que a institución provincial será cofinanciadora ao 50% da devandita instalación -proseguiu- é razoable que exixamos a posta a disposición do proxecto”. Neste sentido, indicou que a remisión da documentación non pode demorarse máis, de xeito que se eviten máis retrasos e se poida cumprir o desexo común de materializala canto antes.