Ecoloxistas en Acción e Plataforma “Cíes” demandan á corporación que realice unha declaración institucional rexeitando e que solicite ao Ministerio para la Transición Ecológica y reto Demográfico que informe negativamente calquera aterramiento na lámina de auga
Ecoloxistas en Acción xunto coa Plataforma pola defensa da ría de Vigo “Cíes” solicitan á corporación do Concello de Vigo que realice unha declaración institucional rexeitando a execución de máis recheos na Ría.
As dúas organizacións ecoloxistas demandan, ademais, ao Concello de Vigo a que inste ao Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico a que informe negativamente calquera aterramiento na lámina de auga que supoña unha ocupación no exterior dos cantís portuarios actuais.
Neste contexto, e tal e como informan nun comunicado, ambas asociacións tamén solicitan a Vigo que demande á Autoridade Portuaria a «proceder á optimización das superficies da plataforma eliminando actividades impropias do porto desprazándoas aos polígonos ou ámbitos apropiados fose do recinto portuario».
Ambas organizacións entenden que debe promoverse a posta en funcionamento do porto seco de Salvaterra-As Neves cunha liña de ferrocarril que axilice o tránsito de mercadorías entre as plataformas portuarias, que potencie o desenvolvimiento industrial da provincia de Pontevedra e conecte os demais polígonos do interior modernizando a liña que conecta con Ourense polo Miño
Ecoloxistas en Acción xunto coa Plataforma pola defensa da ría de Vigo “Cíes” están recollendo sinaturas para paralizar os novos recheos na ría que, apuntan, pretende realizar a Autoridade Portuaria de Vigo.

