Sanidade cribará a máis de 10.000 persoas de As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario e Porriño

A poboación de O Condado-Paradanta xa está acudindo hoxe ao Covid-Auto do Meixoeiro, mentres que a de Porriño será convocada no IFEVI

O obxectivo é identificar ao maior número de persoas que estean infectadas pero non presenten clínica, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública

No cribado realizado onte no IFEVI, diagnosticáronse 3 casos positivos entre os  testados de Salvaterra e ningún caso nos de Ponteareas

A Área Sanitaria de Vigo continúa desenvolvendo a estratexia para realizar cribados poboacionais a persoas asintomáticas para detectar aquelas positivas que non presentan síntomas clínicos. Neste contexto, nestes días vaise realizar estes cribados, mediante a proba PCR, a 10.860 persoas dos concellos de As Neves (1.669), Mondariz (1.811), Mondariz Balneario (380) e Porriño (7.000). Así, esténdese esta actuación sanitaria nesas comarcas da Area viguesa, onde xa se invitara a participar a13.560 persoas dos concellos de Tomiño, Mos, A Cañiza, Salvaterra e Ponteareas.

De feito, as persoas seleccionadas dos Concellos de O Condando-Paradanta xa están  acudindo hoxe a realizarse a proba PCR no Covid-Auto do Meixoeiro, e o farán ata o próximo domingo. A poboación de Porriño se convocará no Instituto Ferial de Vigo (IFEVI) na tarde de mañá, venres, e o domingo día 7.

O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten clínica, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao ter un bo estado de saúde, continúan coa súa vida habitual e, polo tanto, poden ser potenciais contaxiadores e estar contribuíndo á expansión do virus.

Participación voluntaria

A Área Sanitaria de Vigo oferta participar neste cribado a unha porcentaxe da poboación no rango de idade entre 20 e 70 anos; que non teña realizada unha proba PCR no que vai de ano; e dispoña dun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos “Lembra”, que autoriza ás autoridades sanitarias a enviar notificacións a través de mensaxes SMS.

As persoas seleccionadas son contactadas polo Servizo Galego de Saúde e invitadas a realizarse a proba diagnóstica PCR. A súa participación é completamente voluntaria. Se deciden aceptar, se lles facilita unha cita -con dia e hora- para achegarse ao dispositivo

sanitario habilitado, no que se lle tomará unha mostra nasofarínxea para o seu posterior procesamento.

Resultados cribado Salvaterra e Ponteareas Tras o cribado realizado onte nos Concellos de Salvaterra e Ponteareas no IFEVI, os resultados foron os seguintes; en Ponteareas, das 3.000 persoas convocadas, participaron 1.905 (un 63,5%) e diagnosticáronse 3 casos positivos.  En Salvaterra, dos 2.400 seleccionados participaron 1.348 (un 56,3%) e non se diagnosticou ningún caso positivo.