Rematados dous asfaltados en Louredo que melloran un importante tramo do Camiño de Santiago

A Xunta concedeu unha axuda de preto de 51.000 euros para a optimización da seguridade viaria nos Camiños de Cerdeiriñas e Arcal

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil da parroquia de Louredo, Baldomero Lorenzo, supervisaron esta mañá os recentemente rematados traballos de asfaltado dos Camiños de Cerdeiriñas e de Arcal, na parroquia de Louredo.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

A obra foi acometida grazas a que lle foi concedida á administración local mosense unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, da consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para a acometida de Plans de melloras de camiños municipais nos anos 2023-2024. E con cargo á mesma, Mos levou a cabo a pavimentación nos Camiños de Cerdeiriñas e de Arcal, coa que se optimizou un importante tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio mosense.

Ambos asfaltados sumaron un orzamento total de 61.524,14 euros dos cales a Xunta asumiu, a través da axuda concedida polo Agader, 50.846,40 euros; e o Concello aportou os 10.677,74 euros restantes.

Os representantes municipais, Grandal e Lorenzo, destacaron que “desde o Concello de Mos levamos a cabo cada ano un Plan Anual Municipal de Asfaltados e Mellora da Seguridade Viaria dentro do que se acomete unha media de 20 asfaltados ao ano”.