Ecoloxistas en Acción súmase ao movemento popular dos Montes de Tameiga participando na votación aberta polo Celta
A propósito da votación aberta polo Celta de Vigo para propoñer e escoller unha nova denominación para a remozada grada de “Marcador”, xurdíu estes días un movemento popular que propón o nome de «Tameiga Resiste» para dita grada.
Ecoloxistas en Acción asegura que ten constancia de que centos de siareiros celestes e veciñanza da comarca de Vigo están promoviendo e votando esa denominación na web habilitada polo Celta. Desde a organización ecoloxista animan a cidadanía a participar e «mandar así unha mensaxe sobre a necesidade de preservar a natureza da contorna».
«Como siareiro celtista prefiro que Marcador siga sendo Marcador, pero apoio está iniciativa para amosar que o celtismo non comulga coas ilegalidades e pelotazos urbanísticos en montes comunais. Os pelotazos no campo de fútbol, non nos montes comunais», afirma Xaquín Pastoriza, coordinador de Ecoloxistas en Acción Rías Baixas.
A organización ecoloxista lembra que o proxecto está baseado «nunha construcción que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou ilegal en sentencia firme».

