Podemos – Marea de Vigo defenden un modelo alternativo de zonas verdes en Vigo

Defende a ampliación substancial da superficie forestal, novas zonas boscosas que dean sombra e permitan atenuar os picos climáticos que están a darse de maneira xeralizada en todas as cidades

Hoxe membros da coalición Podemos – Marea de Vigo participamos nunha xornada reivindicativa, organizada polas veciñas e veciños do Parque García Picher, unha xornada de reivindicación das superficies arboradas, das zonas verdes da nosa cidade.

Unha xornada na que militantes de Podemos e Marea de Vigo botaremos unha man na limpeza deste parque, un parque desatendido, abandonado e que está agora mesmo suxeito a un proxecto urbanístico de modificación substancial por unha superficie axardinada.

Desde a coalición entenden que hai que «repensar a estratexia planificación de zonas verdes e de parques e xardíns no Concello de Vigo». «No noso programa unha das propostas programáticas que nós expuxemos, e que vai en sintonía coa axenda política de zonas verdes que se están facendo noutras grandes cidades de Europa, é a substitución paulatina destas zonas axardinadas, que teñen un carácter estritamente ornamental, con plantas de tempada, que teñen un custo de mantemento e un uso dos caudais de rego que provoca un gasto de auga excesivo», apuntan.

Neste sentuido, e fronte á concepción puramente decorativa e estético dos deseños axardinados, a coalición defende a substitución paulatina deses xardíns decorativos por zonas verdes, por superficie forestal, por zonas boscosas que dean sombra e permitan atenuar os picos climáticos que por desgraza están a darse de maneira xeralizada en todas as nosas cidades.

A proposta programática recolle «ideas, propostas en materia de urbanismo sostible que se están facendo noutras cidades europeas como Paris ou Barcelona. Pretendemos incrementar a masa arborada no centro da cidade e noutros moitos lugares de Vigo».

Podemos – Marea de Vigo considera que en Vigo realizáronse demasiadas obras e “humanizacións grises”, sen ampliar os espazos verdadeiramente naturais, cunha ocupación progresiva dos solos por cemento, lousas e baldosas e nas que a natureza vai retrocedendo en favor do cemento.