Podemos e Esquerda Unida alcanzan un acordo para concurrir en coalición en Vigo ao que queren incorporar a Marea de Vigo

Esquerda Unida de Vigo e Podemos Vigo asinaron onte un acordo político para concorrer conxuntamente ás eleccións municipais en Vigo

A candidatura a encabezará Rubén Pérez, actual voceiro do Grupo Municipal de Marea de Vigo e Meli Vázquez, voceira de Podemos Vigo como número 2, reservándose postos na candidatura para todas as sensibilidades e espazos que configuren a coalición

As dúas formacións concorreran con unha proposta política que pretende incorporar a Marea de Vigo como espazo de reflexión municipalista e a outras formacións políticas coas que se traballou conxuntamente na configuración de candidaturas como Equo, Anova ou Alianza Verde. A proposta consensuada por Podemos e Esquerda unida terá como nome PODEMOS-MAREA DE VIGO como sigla e figurará na denominación o nome das organizacións e espazos integrantes:  PODEMOS – MAREA DE VIGO -ESQUERDA UNIDA – VERDES EQUO – ALIANZA VERDE…

Analogamente a esta declaración política de Podemos e Esquerda Unida, e que trasladarán á Marea de Vigo, Equo ou Alianza Verde; xa traballan na proposta programática para a cidade de Vigo e os diferentes grupos de traballo de cara ao proceso de precampaña e campaña electoral.

As dúas formacións subliñaron que «somos forzas que levamos moito tempo traballando por espazos amplos de acordo político e electoral que permitan a construción dunha alternativa en diferentes ámbitos da actuación institucional. Entre eles o ámbito local, onde as políticas cara a cidadanía teñen unha dimensión de concreción que permite desenvolver acordos políticos e programas moi apegados á realidade dos nosos barrios.»

«As formacións políticas Podemos Vigo e Esquerda Unida apostamos por unha alianza estratéxica unitaria de progreso, de transformación e de cambio, de defensa do público, feminista, ecoloxista, municipalista e republicana para ofrecer unha alternativa electoral útil, unha alternativa concreta e que priorice a defensa do interese público da cidadanía de Vigo fronte aos intereses privados e mercantís».

A coalición se vai presentar publicamente a semana que ven en Vigo nun acto aberto ás militancias das organizacións e dos espazos cos que compartimos un modelo de traballo e un xeito de entender o proxecto político para a cidade de Vigo.