Pedro Juncal e Yago Araújo finalistas en Madrid

Este pasado fin de semana disputouse en Madrid a edición número 100 do «Campionato de España Absoluto» o aire libre. A RFEA dispuso 4 pistas distintas e repartidas na Comunidade de Madrid, co fin de evitar na medida do posible as aglomeracións de persoas.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Malia a corta e atípica tempada, tres dos atletas célticos foron quen de clasificarse e participar no campeonato. O máis novo deles foi Yago Araújo, que debutou en Moratalaz no Campeonato Nacional Absoluto cunha prometedora 6ª praza no lanzamento de martelo, confirmándose como unha nova perla da tan fructífera “Factoría Hermida”.

Os outros dous célticos competiron na nova pista de Vallehermoso que xa pisaran a semana pasada na Copa Nacional de Clubes, desafortunadamente con sortes dispares. En Vallehermoso, Pedro Juncal confirmouse na élite nacional dos 400m ao pasar á final da proba cun gran rexistro de 47.88s, que lle permitiu conseguir a 8ª praza na final. Pola súa banda, Abdel-Kader Larrinaga competiu fora de concurso na proba combinada. Tras un prometedor inicio e ir liderando a proba ata o seu abandono, unha lesión na zona isquiotibial durante os 110m vallas non lle deixou acabar a competición. Tendo en conta o estado de forma que tiña, seguro que volve no 2021 máis forte para saldar esta deuda que o atletismo lle debe.

Ademáis, este pasado domingo tamén houbo representación céltica no «Campeonato Nacional de Francia», no que Alice Finot obtivo un resultado inmellorable ao proclamarse campiona nos 3000m obstáculos, rexistrando a súa vez unha marca prometedora para intentar acadar a marca mínima para os XXOO de Tokyo 2021. A atleta adestrada polo tamén céltico Manuel Martínez Ageitos, conseguiu rebaixar a súa marca en 25 segundos ata os 9’45 e ten só a 15 segundos a marca mínima que necesitaría para participar en Tokyo.

Tralo Campeonato Nacional, non queda xa moito para rematar o máis importante da tempada de aire libre 2020, pero varios dos atletas todavía representarán a Galicia este próximo fin de semana no «Campionato de España de Federacións Autonómicas». Son 4 os célticos convocados para representar a Galicia nesta competición sempre especial:

  • Alice Finot – 3000m obstáculos.
  • Pedro Juncal – 200ml e 4x400m.
  • Miguel Cajaraville – Salto con Pértega.
  • Jonathan Correa – Lanzamento de Xavelina.