Papa Noel volve á súa casa de Vigo

Esta tarde ás 18.30h, Papa Noel instalouse na súa casa de Policarpo Sanz, onde a partir de agora recibirá as peticións dos nenos e nenas ata o 24 de decembro

Como vén sendo habitual nestas datas, Papa Noel regresa á súa vivenda de madeira de Vigo, ubicada na rúa de Policarpo Sanz un ano máis.

Ardan

Os nenos e nenas poderán acudir todos os días laborables de 17:00h a 21:00h; así como os sábados, domingos, festivos e o venres 23 de decembro, nos que estará tamén pola mañá de 11:00h a 14:00h e de tarde de 17:00h a 21:00h.