Abordarán o impacto da Covid-19 na organización asistencial da patoloxía respiratoria convencional, xunto con temas de máxima actualidade como a medicina personalizada, que será o criterio que rexerá á practica clínica futura
Entre hoxe e mañá vaise celebrar no hospital Álvaro Cunqueiro a 48 Reunión Anual da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (SOGAPAR) e a 34 Reunión Galaico Duriense, na que participarán un cento de especialistas da comunidade e norte de Portugal.
Trátase dunha xuntanza que combinará a participación virtual xunto á presencialidade de poñentes e moderadores, acorde ás medidas epidemiolóxicas actuais pola Covid-19.
Segundo explica a coordinadora desta evento científico, a pneumóloga Mar Mosteiro, “aínda que a Covid-19 terá presencia neste encontro científico, trataremos as ensinanzas aprendidas na abordaxe doutras patoloxías de gran prevaleza na especialidade, ás que temos que seguir dedicando os nosos esforzos”.
Neste contexto vanse abordar temas de máxima actualidade no ámbito da medicina de precisión, isto é, “a medicina personalizada, que será o criterio de futuro para a nosa práctica clínica”. Entre eles, a inmunoterapia no cáncer de pulmón, os tratamentos antifibróticos para fibrose pulmonar, así como o papel de biomarcadores e a proteómica nas enfermidades da vía aérea.
Pero a Covid-19 tamén estará presente, abordando o seu impacto na organización asistencial da patoloxía respiratoria convencional, así como as novas indicacións das terapias que tanta relevancia teñen na asistencia a estos pacientes: o alto fluxo e a ventilación.
De feito, a conferencia maxistral correra a cargo do xefe do servizo de Microbioloxía, o catedrático Dr. Benito Regueiro, que baixo o título “Pandemias, virus e ingeniería” versará sobre a Covid-19 pero cunha cunha mirada cara ao futuro.

