Os pequenos, acompañados pola súas familias e os profesionais que os atenden, conmemoraron o Día da Infancia e Adolescencia hospitalizada
A Unidade de Hospitalización pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro celebrou unha festa para conmemorar o Día da Infancia e a Adolescencia Hospitalizada.
Así, ao ritmo da canción “Un Mar de Besos” do grupo Bombay, os nenos, as súas familias, o persoal sanitario e o equipo docente da Aula Hospitalaria, participaron nesta homenaxe lanzando bicos en honor a todos aqueles que están ou estiveron algunha vez hospitalizados.
O programa festivo contou con varias actividades, como unha exposición de xoguetes antigos e unha charla sobre os Xoguetes na historia, a cargo Juan Manuel Alfaya. Tamén puideron desfrutar dunha sesión de maxia impartida polo Mago Cali; e a Asociación Asanog sorprendeulles coa visita de Spiderman.
Ademais, léronse as cartas que os alumnos de 2º curso do CPC Sagrado Corazón de Pontevedra enviaron aos nosos nenos hospitalizados.
O pasado ano un total de 4200 nenos e nenas estiveron ingresados no hospital Álvaro Cunqueiro.

