Os logopedas da Área de Vigo trataron a 700 persoas con dificultades de comunicación e deglutición durante o último ano

A logopeda infantil, Aída Lima, e a de adultos, Susana Pérez, con seus pacientes.

“O noso paciente de menor idade contaba con solo uns días de vida e o maior sobrepasaba os 100 anos” explica Javier Bueno, logopeda no hospital Álvaro Cunqueiro

Con motivo do Dia da logopedia que se celebra hoxe, os logopedas do servizo de Rehabilitación da Área Sanitaria de Vigo queren por en valor a eficacia constatada das súas intervencións terapéuticas ao longo de todo o ciclo vital dos pacientes.

O Chuvi conta con 8 logopedas. Durante o pasado ano, estes profesionais trataron a máis de 700 pacientes de todas as idades -tanto hospitalizados como ambulatorios- que presentaban dificultades na comunicación e deglutición.

“O noso paciente de menor idade contaba con solo uns días de vida e o maior sobrepasaba os 100 anos” explica Javier Bueno, logopeda no hospital Álvaro Cunqueiro, quen recorda como ten evolucionado o perfil dos pacientes atendidos na área sanitaria. “Si tradicionalmente a logopedia tense asociado ás dificultades na adquisición da linguaxe na primeira infancia, hoxe en dia, a valoración e intervención nas dificultades de comunicación no paciente adulto teñen un peso cada vez maior”.

O 80% dos casos son Disfaxias

Ademais, desde hai uns anos, a abordaxe das alteracións da deglutición ten cobrado una gran importancia. “De feito, esta é a patoloxía que vemos con máis frecuencia nos pacientes hospitalizados, case un 80% dos casos que atendemos mostran unha disfaxia” aclara Javier Bueno.

A disfaxia pode presentarse en calquera momento da vida da persoa. Aproximadamente un 1% dos niños a sofren, se ben é moito máis frecuente na terceira idade, onde alcanza ao 15% da poboación. Ademais, nalgúns  contextos, como nas residencias de anciáns, ou nos propios hospitais,  a  prevaleza se eleva ata o 20-25% do total.

“As dificultades na deglutición do paciente adulto e ancián poden deberse a múltiples factores: ao dano cerebral producido por un ictus o un traumatismo, a diversas enfermidades neurodexenerativas, como a ELA ou o Parkinson, a procesos de tipo oncolóxico… Estas mesmas patoloxías poden ocasionar tamén trastornos na linguaxe ou  na fala.” refire María Soneira, logopeda do Hospital Meixoeiro.

Problemas de alimentación na primeira infancia

“Un dos aspectos máis descoñecidos sobre a logopedia é o papel que pode desempeñar para abordar os problemas de alimentación na primeira infancia, tanto nas dificultades na succión como na aprendizaxe da mastigación. A  logopedia tamén pode axudar nestes  casos” apunta Aida Lima, logopeda no Centro de Saúde de Taboada Leal.  Neste  centro se compatibiliza a atención a estos nenos e nenas con outras actuacións máis tradicionalmente asociadas á logopedia, como é a intervención nas dificultades da adquisición da linguaxe na infancia ou a rehabilitación tras un implante coclear.

Os logopedas da Área sanitaria tamén recordan que hai outras patoloxías que afectan a pacientes de moi diversas idades, como son as disfonías, a tartamudez ou as alteracións estomatolóxicas, que requiren de tratamento logopédico.

“A logopedia é unha disciplina en continuo crecemento” afirma Aida Lima. “Cremos que ten moito que aportar á  sociedade actual, onde cada vez a poboación chega a idades máis avanzadas. Manter unha axeitada capacidade de comunicación e deglutición ten un enorme impacto sobre a calidade de vida de todas as persoas, desde a primeira infancia á vellez”.