Como a outro espazo público, polo de agora só pode acceder quen resida no radio dun quilómetro de distancia dos camposantos
O alcalde anunciou que desde este xoves pola mañá os cemiterios municipais están abertos ás visitas da cidadanía, condicionadas á lei e á norma estatal vixente nestes momentos que as limita a un desprazamento dentro dun quilómetro de distancia do domicilio, igual que ocorre cos paseos por praias ou parques.
Abel Caballero amosouse confiado na posibilidade de que esta situación cambie o luns cando “poidamos pasar á fase 1 da desescalada porque a zona de Vigo creo que reúne todas as condicións e confío en que o Goberno de España nos autorice como conxunto de provincia”. Neste caso, as restricións poderían verse modificadas.

