O xoves 24 de agosto saen á venda as reservas para o concerto de Beret en Castrelos

Beret subirá ao escenario de Castrelos o vindeiro mércores 30 de agosto para presentar na cidade os temas do seu novo disco «Resiliencia«

O xoves 24 de agosto sairán á venda as reservas en platea para o concerto de Beret. O artista pechará os concertos de Castrelos do verán 2023 o mércores 30 de agosto.

O cantante sevillano presentará en Vigo os temas do seu novo disco “Resiliencia”. Beret se caracteriza pola mestura de estilos como o pop, baladas, reguetón, ritmos latinos e sons urbanos. Neste último traballo destaca a colaboración con artistas como Estopa, Omar Montes, Reik, Morat e Malú.

As reservas para este concerto seguirán o esquema habitual, para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, sairán o xoves 24 de agosto en dúas quendas de 2.500 ás 9.30 horas e ás 16.30 horas (das que 1.250 de cada quenda serán online e outras tantas na taquilla presencial do Auditorio Municipal). As reservas online pódense adquirir a través de www.vigoenfestas.com.