O Vigo Bike Contest 2022 celebrase o fin de semana nos montes de Saiáns por segundo ano consecutivo

O alcalde entregou na presentación do evento un agasallo ao rider vigués, Andrés Suárez, como recoñecemento á 9º posición acadada na final da Copa do Mundo de 2021 en descenso

Os montes de Saiáns volverán a ser o escenario da competición Vigo Bike Contest, o evento multidisciplinar que terá lugar este fin de semana, o sábado 12 e o domingo 13 de marzo. O 30 de abril haberá por primeira vez una proba no circuíto Pump Track na cuberta de Vialia.

Abel Caballero participou na presentación, no escenario do Vigo Exporta no Centro Comercial Vialia, e louvou a capacidade dos e das deportistas. A participación para este ano se espera que sexa de 500 persoas. O alcalde entregou un recoñecemento ao rider vigués, Andrés Suárez, que acadou a 9ª posición na final da Copa do Mundo de 2021 na categoría de descenso. En setembro foi terceiro na proba Snowshoe, celebrada en Estados Unidos, logro non acadado por ningún español desde 2007.

Na presentación explicouse que haberá tres categorías: Mini DH, Enduro e Pump Track. O sábado está programado para os máis pequenos e pequenas cunha proba de Mini DH. O domingo será a proba dentro do calendario nacional, con catro tramos individuais cronometrados.

O Vigo Bike Contest é unha proba ciclista de gran tradición, celebrada desde os anos 2000 (coa excepción de 2020 por mor da Covid-19).