O TSXG desestima o recurso da FAVEC para poder continuar no inmoble da Praza da Princesa

O Tribunal explica que a medida temporal adoptada polo Gobeno local é perfectamente lexítima e está xustificada

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de desestimar o recurso de apelación presentado pola Federación de AAVV Eduardo Chao (FAVEC) sobre o local municipal da Praza da Princesa nº 7.

O auto desestima a suspensión cautelar solicitada pola FAVEC, confirma a sentencia do Contencioso-Administrativo no2 de Vigo e avala a decisión do Concello de suspender temporalmente o dereito de uso no citado inmoble.

O ditame xudicial é integramente desestimatorio, non o estima parcialmente nin require do Concello a cesión doutro local. O Tribunal explica que a medida temporal adoptada polo Gobeno local é perfectamente lexítima e está xustificada, e indica que á FAVEC non lle asisten máis dereitos que os inherentes á súa condición de precarista.

O TSXG nega tamén que se estea a resolver o convenio e apunta que prima o interese público municipal sobre o asociativo da Federación.