Logo de suspenderse durante a emerxencia sanitaria, a partir do 1 de xullo as persoas usuarias deste servizo que facilita os seus desprazamentos pola cidade, volve estar en funcionamento

O alcalde informou este venres da recuperación do servizo especial para persoas de mobilidade reducida do transporte urbano de Vigo, que debe solicitarse de forma telefónica con 24 horas de antelación, de luns a venres, en horario de mañá e de tarde.

Desde o vindeiro 1 de xullo, as persoas usuarias do servizo volverán a telo á súa disposición para desprazamentos pola cidade. O autobús recolle aos usuarios e déixaos na parada de transporte máis próxima ao punto de inicio do servizo e ao seu destino.

Ademais, o goberno municipal cambiará o itinerario da liña H1 de transporte urbano entre García Barbón e o Hospital Álvaro Cunqueiro que, desde o vindeiro luns, 29 de xuño, pasará por Torrecedeira, atendendo á demanda cidadá que pedía esta modificación da liña.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí