O Teatro Afundación Vigo acolle mañá, ás 11.30 h, a representación de momentos destacados do espectáculo Clown, que contará con sete funcións no senlleiro espazo olívico entre o 6 e o 10 de outubro e cuxas entradas están dispoñibles a través de Ataquilla.com
Coa participación de Gensi e Isa Belui, Davis Vassallo, Luigi e Houshc-Ma-Housch, baixo a dirección de Suso Silva e producido por quen impulsaron nos últimos anos shows tan aplaudidos como Circo mágico e Circlassica, esta homenaxe á fundamental figura dos pallasos circenses chega a Vigo para alegrar o comezo do outono ao público familiar.
| Evento | Presentación a medios de Clowns |
| Lugar | Teatro Afundación Vigo |
| Data e hora | Mércores 6 de outubro, 11.30 h |
| Asistentes | Elenco e produción do espectáculo Clowns |

