O servizo nocturno do bus urbano amplíase con motivo da ponte de Tódolos Santos

O rexedor vigués anunciou esta mañá que o autobús urbano contará cun servizo especial a noite do xoves 31 de outubro. O servizo consistirá no reforzo das liñas N1, N4 e a C1 Nocturna, ofrecendo «unha frecuencia media de 15 a 20 minutos». As liñas nocturnas «están tendo unha boa acollida», explicou Caballero, sinalando que «na última fin de semana utilizaron este servizo máis de 1350 persoas».